

|
|
|
||
|
|||
|
TELEFONO
|
982 512 369 | ||
|
FAX
|
982 512 369 | ||
|
E-MAIL
|
ftcha@cetadec.net | ||
|
Diseño
Web uve&uve www.uvecomunicacion.com
uveand@telecable.es
|
ESTATUROS
Asociación de Desenvolvemento Comarca da Terra Chá
BRETOÑA REGRESA ÁS SÚAS ORIXES COA CELEBRACIÓN DA FESTA CELTA DO LUGNASAD
Un ano máis a carballeira da Auruxeira en Bretoña voltará a encherse de maxia coa celebración da décimo cuarta edición da festa celta do Lugnasad, unha xornada que terá lugar o vindeiro 6 de agosto, e que servirá para conmemorar a finalización do verán e das súas tradicionais tarefas.
Nun paraxe natural onde as meigas, os celtas e os druídas serán de novo os protagonistas, actuarán os grupos Saltanocribo, Pan de Capazo, Cuchufeiros e Os ferrolanos Cempés. Un completo programa musical que abrangue dende a música tradicional galega, ata o folk fusión e o rock bravú.
A hora meiga por excelencia terá lugar ás doce da noite, un momento no que o druída local Eduardo Chao innvocará aos espíritos presentes co tradicional conxuro da queimada. Igualmente, e despois da degustación de tan típica bebida, tamén se realizarán as vodas celtas de moitas parellas que decidan casarse por este rito, ou que xa contraído casamento un ano anterior, desexen renovar os seus votos.
As pallozas que recreán á perfección as antigas moradas dos celtas ofrecerán aos visitantes bebidas de todo tipo, viandas autóctonas como a empanada, os bolos preñados e diferentes doces; e por suposto o licor de Maeloc, unha bebida destilada especialmente para esta data, e que de seguro non deixa indiferente a quen decida degustala.
A organización do festexo ten previsto habilitar unha zona nas inmediacións da carballeira da Auruxeira para os que desexen acampar e pasar a noite.